LiteraturaMiscelánea

Visita virtual á cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

Visita virtual Cidade da Cultura

O día 11 de decembro de 2020 as clases de 1ºde bacharelato A e B, debido á situación de pandemia de hoxe en día, e como non puidemos desprazarnos fisicamente, fixemos unha “excursión” virtual á Cidade da Cultura por medio dunha vídeoconferencia.

A nosa guía contounos detalladamente a vida de varios escritores da época Nós, como Castelao, Otero Pedrayo e Vicente Risco. Todo isto de maneira didáctica, vendo planos da exposición que alí teñen e recorrendo os edificios da Cidade da Cultura, que ten unha arquitectura espectacular, polo que non se nos fixo pesada en ningún momento, puidemos disfrutar, estar presentes, como soiamos facer outros anos nos que non había pandemia.

Nesta “excursión” coñecemos mellor todos estes escritores e ademais puidemos poñernos na súa pel, naqueles tempos de florecemento da nosa cultura, logo frustrados polo comezo da Guerra Civil.

Estas son as nosas costas. A que saímos favorecidos?

Ao rematar a visita fixemoslle á guía varias preguntas sobre a exposición, ás que nos contestou moi amablemente. A verdade é que foi como estar alí mesmo, paseando polas estancias da exposición

Esta é a nova realidade, a partir de agora, polo virus, teremos que facer as visitas así, pero isto non é problema porque no colexio contamos cos medios dixitais necesarios e xa estamos todos acostumados á nova vida dixital que se fixo tan cotiá nestas circunstancias. Case se podería dicir que foi o mesmo de sempre, máis sen o desprazamento para a saída didáctica, que para nós son coma excursións. Así a todo estivo moi ben e tamén aprendemos moito.

Haberá que ir adaptándonos pouco a pouco. Foi unha experiencia moi diferente que sen dúbida recomendamos, e á vez moi entretida. “Ameazamos” con ir o próximo curso.

Un saúdo desde 1º de bacharelato seguiremos informando. Ánimo a todos e todas e coidádevos moito.

Alumnado de 1º de bacharelato A